viernes, 19 de octubre de 2018

Sí , o galego é un idioma .


Probe Galicia, non debes

chamarte nunca española,
que España de ti se olvida
cando eres tan hermosa.

É real que unha vez díxenlle a unha amiga miña de Toledo que tiña que ensinarlle expresións gallegas e díxome algo como : o galego e o vasco non son idiomas non ? Teño que aclarar que a pregunta fíxoma desde o respeto e a ignorancia . Eu quedeime noqueada e díxenlle que como podía dicir iso e contestoume que foi unha profesora súa quen lle dixera iso . A onde imos parar se nas escolas españolas non se recoñecen as linguas que temos ...

Bueno , eu non son a mellor galegofalante , de feito cústame moito e incluso se me falan en galego, non poño o chip e acabo contestando en castelán . Gustaríame moito poder ter o galego na miña cabeza igual que teño o castelán , incluso moitas veces síntome máis cómoda falando inglés que galego e iso non me gusta nada . Pero penso que é cuestión de costume , e seguramente se empezara a pensar en galego máis amiudo logo costaríame moito menos falalo . Pero tempo ao tempo . 

En clase comezamos dando a sociolingüística , gran tema das exposicións orais en anteriores cursos e un pouquiño olvidada . Logo continuamos pola teoría e a práctica . Nada salientable . 

Tivemos xa o exame do libro de lectura . Eu en principio quería ler A Esmorga , xa que a nosa profesora falounos dese libro fai dous anos e chamoume moito a antención pero vin que non era o mellor para mín nese momento xa que non tiña moito tempo , así que decidín ler Os dous de sempre de Castelao . 

Xa lira ese libro alá por terceiro da ESO ( se mal non recordo ) pero a verdade é que sorprendeume moito esta última vez que o fixen , creo que é porque con esta idade ou madurez enteéndoo moito mellor a trama e a situación social que trata . 

É a historia de dous tipos universais, Pedriño e Rañolas, que encarnan dúas maneiras de ser de sempre. O primeiro, que ve o mundo desde a perspectiva da ra, sería quen de comer o seu pai polos pés. O segundo, que se fose rico andaría nun cabalo branco, ve o mundo desde a perspectiva alta do paxaro. Os dous de sempre é a única novela de Castelao. 

Sen dúbida convidobos a lela se tedes tempo , é moi curtiña e fácil de ler . 

FUENTES DE INFORMACIÓN :  
https://www.casadellibro.com/libro-os-dous-de-sempre/9788482887418/993059


No hay comentarios:

Publicar un comentario

TED TALKS